Ana Ortiz anima á cidadanía a consumir no comercio local coa apertura das rebaixas en Vigo centro

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou este martes na presentación da campaña de rebaixas da Asociación Vigo Centro financiada polo Goberno galego a través da Dirección Xeral de Comercio. No acto celebrado na Farola de Urzaiz a representante autonómica animou á cidadanía a consumir no comercio local e felicitou ao colectivo de participantes por poñer en marcha unha iniciativa na que sorterará premios por calquera compra nos establecementos asociados.