Hoxe, durante un mitin en Cabral

ALFONSO RUEDA PIDE O VOTO ÚTIL AO PP TAMÉN PARA QUE AS PARROQUIAS SEXAN PROTAGONISTAS NO VIGO DO FUTURO

Marta Fernández-Tapias pediu aos vigueses que voten ao PP, porque “vale por tres: para abrir unha páxina de futuro en Vigo, para cambiar dunha vez a Deputación e para que volva o sentidiño con Feijóo na Moncloa”
  • Alfonso Rueda asegurou que en Vigo se respiran ganas de cambio e que os novos aires que necesita a cidade só poden vir da man do PP e dunha candidata como Marta Fernández-Tapias, da que destacou a súa perseveranza e a súa capacidade para denunciar problemas e propoñer solucións
  • Dirixíndose aos vigueses que non confiaron no PP nas últimas municipais pero si o fixeron cando o que estaba en xogo era o futuro de Galicia, o presidente do PPdeG afirmou que todos eles son necesarios para que a Comunidade siga avanzando e Vigo sexa a súa locomotora
  • Concluíu neste sentido que Galicia non pode prosperar sen Vigo e Vigo tampouco pode avanzar contra o resto de Galicia, e que por iso é necesario aunar os votos no PP e na candidatura de Marta Fernández-Tapias para recuperar unha cidade aberta, orgullosa, próspera e sen complexos
  • Exercendo o voto, engadiu, os vigueses poderán dicir basta a esa política personalista que oculta as dificultades dos veciños, que despreza a quen non pensa igual, que se enfronta por sistema a outras administracións e que cre que todo vale con tal de seguir un día máis no poder
  • Aproveitou a súa presenza ante a veciñanza de Cabral para pedir o voto útil ao PP e que así no Vigo do futuro as parroquias sexan protagonistas, asegurando que só con Marta como alcaldesa deixarán de estar abandonadas
  • Neste sentido sinalou que para os populares non existe un Vigo de primeira e un Vigo de segunda, senón unha única cidade, urbana e rural, na que caben todos; e engadiu que se sente orgulloso do seu partido por que é o único que pensa nas parroquias das grandes urbes
  • A este respecto afirmou querer un Vigo no que estas cousas deixen de pasar e no que os proxectos bos e útiles para a xente saian adiante, impulse quen os impulse; para o cal aposta por menos ‘el’ e máis ‘todos’
  • O líder dos populares galegos aproveitou a súa intervención para volver a denunciar os incumprimentos do Goberno central coa cidade, referíndose nomeadamente á Saída Sur, á chegada do AVE, á transferencia da AP-9, aos fondos europeos e á alta tensión que precisa Stellantis
  • Remarcou neste sentido que mentres Pedro Sánchez xoga co futuro industrial de Vigo, os seus compañeiros de partido na cidade están intentando agochalo e os únicos que levantan a voz son os o PP
  • Por iso concluíu que votar a Marta Fernández-Tapias o próximo domingo non só é unha forma de exercer o voto útil para esixirlle a Sánchez que cumpra con Vigo, senón tamén a única forma de facer unha cidade máis aberta, máis próspera, con máis oportunidades, con mellores trens e autopistas máis baratas, con menos enfrontamentos absurdos e con máis acordos que beneficien e, sobre todo, a que o protagonismo sexa de todos e non dun só
FERNÁNDEZ-TAPIAS: “QUEREMOS UN VIGO MÁIS COIDADO, MÁIS VERDE, MÁIS CONECTADO E CON MÁIS OPORTUNIDADES NO RURAL”
  • A presidenta do PP de Vigo e candidata á alcaldía destacou que as parroquias viguesas levan “16 anos abandonadas” mentres o candidato socialista e actual alcalde “se dedica a pasear” por Mos, por Redondela, por Porriño ou polo Morrazo
  • Tapias sinalou que o PP “é o partido de todo Vigo, do Vigo rural e do urbano, das parroquias e do centro, dos núcleos e dos barrios, de todo Vigo, e iso ten que amosarse nas urnas o 28 de maio”
  • “Quedan sete días para votar que Vigo queremos para os próximos catro anos e no PP temos clara a resposta: queremos un Vigo máis coidado, queremos un Vigo máis verde, máis conectado e con máis oportunidades no rural”, sinalou
  • Ademais, engadiu que o PSOE leva toda a campaña “fuxindo” e mencionou o feito de que non quere falar cos traballadores de Vitrasa e non comparece en actos que tiña previstos, como en Bembrive, San Miguel ou Matamá
  • Durante a súa intervención, a presidenta dos populares tamén destacou que os vigueses contan co Goberno central más “ratificador” da historia, en relación ás veces que prometeron o AVE, a Alta Tensión para Stellantis ou a Saída Sur
  • A candidata pediu aos vigueses que voten ao PP, porque é o partido do “sentidiño, a xestión e a política útil, o que baixa impostos, crea emprego e mellora servizos, somos o PP centrado de Rueda e Feijóo”
  • “Vigo non é un nicho de votos para que o PSOE poida seguir gobernando para a minoría, Vigo non é dunha persoa, nin dun presidente ni dun alcalde, Vigo só ten un protagonista: os 300.000 vigueses”, engadiu
  • A candidata terminou pedindo o voto “para que o urbanismo deixe de ser un caos e poidamos aprobar un PXOM, para atraer inversións e crear emprego, e para que a Concellería de Parroquias sexa unha realidade”
  • “Un voto ao PP vale por tres: para abrir unha páxina de futuro en Vigo, para cambiar dunha vez a Deputación e para que volva o sentidiño con Feijóo na Moncloa”, concluíu