A Xunta salienta a colaboración coa ONG viguesa Vida Digna na súa labor de inclusión social

A delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, e o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitaron este xoves as instalacións da entidade sen ánimo de lucro

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitaron hoxe as instalacións da asociación Vida Digna na rúa Brasil da cidade olívica. Os representantes autonómicos destacaron a colaboración entre o Goberno galego e as ONGs viguesas na atención aos colectivos máis vulnerables co obxectivo de acompañalos, apoialos e axudalos.

Vida Digna é unha asociación sen ánimo de lucro que leva a cabo os seus proxectos co apoio de diversas entidades e empresas colaboradoras. O seu obxectivo é a axuda integral ao necesitado, incluido apoio material, psicolósico, social e laboral. Tanto Ortiz como Parrado puxeron en valor o importante labor desenvolvido por esta organización e a súa contribución de inclusión social e na loita contra a pobreza e calquera forma de discriminación.