A Xunta inviste na Área Sanitaria de Vigo máis de 1,5 millóns de euros para facer fronte á COVID-19

Deste orzamento, máis de 800.000  euros dedícanse á adquisición de equipamentos de protección  individual e uns 600.000  euros van para a compra de material  para a detección do coronavirus
A compra  de todo  este material  e a contratación  de obras e servizos xustifícase dentro do protocolo de actuaciónpara facer fronte á epidemia da Covid-19 que elaborou no seu día o Comité de Expertos

O  Consello  da  Xunta  autorizou,  na  súa  xuntanza  desta semana,  a  tramitación  de emerxencia dun expediente  decontratación,  por  valor  total de 1.539.441  euros, para subministrar  material  fronte á Covid-19  na Área sanitaria  deVigo. O obxectivo  desta compra é garantir e protexer a saúde e seguridade dos cidadáns e dos profesionais sanitarios,tendo en conta a demanda asistencial xerada polo coronavirus.

Dentro   deste   expediente   destaca   a  adquisición   de  equipamentos   de  protección individual   cun  importe   total  de  815.217  euros.  A  meirande  parte,   596.187 euros, destínase á compra de 5.241.000 luvas de protección,  ecomplétase esta cantidade con outros   219.030   euros  presupostados   para  mercar  700.000   máscaras  e  batas  de protección  individuais. O resto  do orzamento  recollido  no expediente  vai destinado  a material  de laboratorio para adetección da Covid-19, concretamente invístense 613.824 euros na adquisición de probas PCR de detección xenéticaCovid. A esta partida orzamentaria  hai  que engadir  81.600  euros  para  unidades  de reactivos  auxiliares  e diverso  tipode material  de microbioloxía  e bioquímica,  e 28.800  euros para probas rápidas de detección Covid en mostrasorofarínxea/esputo.

A adquisición de todo  este material  e da contratación  de obras e servizos detallados xustifícase dentro do protocolo deactuación para facer fronte á epidemia da Covid-19 que elaborou  no seu día o Comité  de Expertos  no seguimento  docoronavirus,  e que prevé, entre  outras medidas, a necesidade de facer  provisión  de materiais  e recursos necesarios nocaso de posibles rebrotes. O Comité de Expertos está formado pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería deSanidade e a Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, representantes das áreas sanitarias e representantes médicos especialistas en enfermidades infecciosas e de urxenciashospitalarias.