A XUNTA INVISTE 495.000 EUROS NA REPARACIÓN DA ESTRADA PO-331 EN GONDOMAR

A delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, visitou este luns os traballos que leva a cabo a Axencia Galega de Infraestruturas

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e o director territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, José Manuel González, visitaron este luns os traballos de reparación da estrada PO-331 ao seu paso polo municipio de Gondomar, no barrio de Rochela, que contan cun prazo de execución de sete meses.

Segundo explicaron os representantes autonómicos, a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) inviste 495.671,50 euros na obra de emerxencia destinada a restituir a funcionalidade da obra de drenaxe e asegurar a sua estabilidade estrutural. A reparación iniciada o pasado mes de xuño comezou polo desbroce e tala da vexetación e masa arbórea existente no noiro do terraplén, así como a desmontaxe da barreira de seguridade nunha lonxitude de 80 metros.

Unha vez fresado o pavimento asfáltico e retirado, levouse a cabo a escavación da calzada existente a unha cota de -13 m para a extracción da obra de drenaxe e o troceado e retirada das tubaxes. Posteriormente, retirouse o pozo antigo e unha vez colocado o novo, asi como as súas embocaduras, continuarase coa reconstrución do terraplén utilizando o material previamente acopiado da escavación.