A XUNTA INVESTIRÁ 120.000€ PARA A MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA EN PAZOS DE BORBÉN
Ana Ortiz mantivo este luns unha xuntanza co rexedor, Luciano Otero, no que abordaron a colaboración permanente desde o Goberno galego
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, mantivo este luns unha xuntanza de traballo co alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, na que abordaron a colaboración permanente que xa se presta desde o Goberno galego para atender as necesidades do municipio.
Entre os temas analizados durante o encontro, Ortiz informou ao rexedor que xa está aprobada unha achega de 120.000 euros por parte da Dirección Xeral de Administración Local, dependente da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, para a mellora da eficiencia enerxética no municipio. Ademais, ambos representantes avanzaron en diferentes proxectos para desenvolver ao longo do presente mandato en Pazos de Borbén.
