A XUNTA FINALIZA OS TRABALLOS DE MELLORA E SEGURIDADE DA PONTE COLGANTE DE SOUTOMAIOR TRAS UN INVESTIMENTO DE MÁIS DE 65.000 EUROS

A delegada territorial, Ana Ortiz, visitou este mércores as obras realizadas durante as últimas semanas por parte da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e o director territorial de Medio Ambiente, Nicolás Lorenzo, acompañados polo alcalde de Soutomaior, Manuel Lourenzo, visitaron este mércores a Ponte Colgante do río Verdugo unha vez finalizadas as obras de mellora e seguridade por parte da Consellería de Medio Ambiente e Cambio climático.

“Estamos moi satisfeitos co resultado, posto que se trata dun lugar moi turístico do municipio e cunha praia fluvial moi utilizada tanto por veciños como por visitantes”, sinalou a representante autonómica durante o percorrido pola zona.

Durante os últimos meses a Consellería de Medio Ambiente levou a cabo obras de substitución do piso da ponte, instalando novas táboas de madeira e eliminando os espazos entre placas que dificultaban a mobilidade. Ademais, incrementouse a seguridade dos anclaxes e colocouse unha rede nas barandas da ponte.

A actuación tamén mellorou as escaleras de baixada á praia fluvial para comodidade dos usuarios e a súa seguridade. O proxecto de mellora tamén inclúe os traballos nas pontes de Calvelo (Cotobade), sobre o río Lérez, e Xirimbao (Teo), sobre o río Ulla.