A XUNTA FELICITA AOS USUARIOS DE SAN FRANCISCO POLO SEU NOVO BELÉN VIVENTE

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz; a  directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana; a directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, visitaron este martes o Belén Vivente da asociación San Francisco. As representantes autonómicas felicitaron aos usuarios polo seu novo Belén no que representan as escenas do Nadal, sendo un dos máis significativos da cidade, e destacaron o esforzo desta entidade para amosar as súas habilidades e todo o traballo que realizan cada día en todos os recursos de atención desta asociación.