A XUNTA DOARÁ UNHA ESCULTURA AO COLECTIVO ADROVI PARA HOMENAXEAR ÁS ENFERMEIRAS E O PERSOAL SANITARIO
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, anunciou este xoves que o Goberno galego doará á Asociación de Doantes e Receptores de Órganos de Vigo (Adrovi) unha escultura coa que o colectivo quere homenaxear ás profesionarias de enfermería e ao persoal sanitaria pola axuda que prestan aos seus usuarios. Así o confirmou a representante autonómica nunha xuntanza na Delegación Territorial xunto ao xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente, e o presidente de Adrovi, Celso García.
