A Xunta declara catro novas áreas de rehabilitación integral en Vigo, que se converte así no segundo concello de Galicia con máis figuras desde tipo
As novas ARI son as de Espiñeiro-Teis, Beiramar, San Roque e San Pablo, que recibirán unha inxecciónde fondos públicos dun máximo de 20,9 M€
En canto ás catro áreas declaradas con anterioridade, as de conxunto histórico, Bouzas,
Santa Clara e rúas Bueu-Moaña, xa se recuperaron ata o momento 1.413 vivendas grazas a uninvestimento de 8,13 M€
O obxectivo é seguir avanzando na dinamización das oito ARI de Vigo, onde está previsto
rehabilitar en total outras 1.448 vivendas nos vindeiros anos
A convocatoria de 2021 para o reparto de financiamento entre todas as ARI existentes en
Galicia publicarase este mes por un importe global de 5,41 M€
A Xunta de Galicia acaba de declarar catro novas áreas de rehabilitación integral (ARI) no concello de Vigo, que suma deste xeito un total de oito e se converte no segundo municipio galego con máis figuras deste tipo, tan só por detrás da Coruña, que ten 10. Trátanse concretamente dasARI de Espiñeiro-Teis, Beiramar, San Roque e San Pablo, ámbitos en que se aspira a mobilizar uninvestimento de máis de 33,2 millóns de euros, dos cales 20,9 millóns procederían de achegas públicas.
Segundo o informe presentado esta mañá ante o Consello da Xunta, esta é a contía que, como máximo,poderán captar as catro novas ARI da cidade olívica para financiar actuacións de rehabilitación envivendas, así como obras de urbanización ou reurbanización destinadas a mellorar os espazospúblicos e de uso común de cada un destes ámbitos.
Cómpre lembrar que a figura da área de rehabilitación integral se creou en 1996 ao abeiro do Plan estatal de vivenda como un ámbito de intervención delimitado no que se prevé a rehabilitaciónde edificios e de vivendas por iniciativa dos seus propietarios, a execución de obras de urbanizaciónou reurbanización de espazos públicos por parte dos concellos e, de ser o caso, a construción deedificios ou vivendas que substitúan a outros demolidos.
Con este obxectivo, a principios de 2021 o Concello de Vigo enviou ao Instituto Galego da Vivenda e Solo, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a súa solicitude para adeclaración de catro novas ARI, que se sumarían ás catro xa existentes. Así, cómpre lembrar que en1997 foi declarada a primeira figura deste tipo na cidade olívica: a ARI do conxunto histórico; en 2003aprobouse a de Bouzas; e no ano 2015 sumáronse as de Santa Clara e a das Rúas Bueu-Moaña.
Desde entón, Vigo recibiu unha asignación total de 16,1 millóns de euros para a realización de actuacións de rehabilitación nestes catro ámbitos. O balance provisional ata o momento é de 1.413 vivendas rehabilitadas grazas a un investimento de 8,1 millóns de euros procedentes de fondos públicos, aínda que está prevista a rehabilitación doutras 641 vivendas grazas a achegas pendentes de executar.
Unha vez recibido o visto e prace do Consello da Xunta, Vigo conta xa con catro novas ARI que, segundo as estimacións incluídas na propia solicitude, abranguen un total de 807 vivendas. Partindo desta cifra e tendo en conta os importes máximos das axudas para rehabilitación,calcúlase que Vigo podería recibir os citados 20,9 millóns de euros en achegas públicas para investirna súa recuperación, así como en obras de urbanización da contorna.
En definitiva, sumando todos os inmobles incluídos nas oito ARI viguesas, tanto os xa rehabilitados (1.413) como aqueles nos que aínda non se interveu (1.448), a previsión é que se poidan chegar a recuperar para usos residenciais un total de case 2.900 vivendas.
Características das novas ARI
En canto ás características particulares das catro novas ARI de Vigo, cómpre subliñar que a de Espiñeiro-Teis é a que ten un maior potencial desde o punto de vista da rehabilitación xa que concentra 386 vivendas agrupadas en 30 edificios e cunha poboación de 599 habitantes. En canto á nova ARI de Beiramar, concéntrase entre os números 145 e 157 da Avenida de Beiramar, contacon 70 vivendas en sete edificios e ten, en total, 137 veciños.
A área declarada en San Roque é a máis extensa, cunha superficie de algo máis de 27.000 m2 divididaentre dúas zonas: unha conformada polas vivendas da rúa Emilia Pardo Bazán e a outra, polas queestán máis próximas ao Pazo de San Roque. Neste ámbito hai identificadas 271 vivendas e 133 habitantes. Por último, a ARI de San Pablo está integrada polas vivendas do grupo sindical do mesmo nome, un total de 80, e esténdese por unha superficie de algo máis de 4.000 m2 na que viven 164 veciños.
Así, sumando todas as novas ARI, estariamos a falar dunha superficie de actuación de preto de 55.000 m2 e na que viven ao redor dun milleiro de persoas.
Outras actuacións de rehabilitación en Vigo
Ademais dos fondos destinados a dinamizar e recuperar con fins residencias as ARI declaradas nacidade, a Xunta tamén leva anos traballando na rehabilitación do seu casco histórico. A través doConsorcio Casco Vello de Vigo, no que o IGVS participa co 90% do capital, o balance de vivendas recuperadas ascende a un total de 111 e actualmente ten varias actuacións en execución.
Do mesmo xeito, Vigo tamén forma parte de dúas ARI de carácter supramunicipal, polo que se podebeneficiar dos investimentos reservados para intervir sobre elas. Concretamente, está incluído na de IllasAtlánticas, xa que as Cíes pertencen ao seu termo municipal, e tamén na ARI dos Camiños, xa que oPortugués pola Costa atravesa este concello.
76 en toda Galicia e tres supramunicipais
Tendo en conta as novas declaracións autorizadas hoxe polo Consello da Xunta —hoxe declarouse tamén unha en Ponteareas—, Galicia ten xa 76 áreas de rehabilitación integral de xestiónlocal e tres máis de carácter supramunicipal, xestionadas directamente polo IGVS.
O importe máximo das subvencións que poden percibir os propietarios de inmobles nestes ámbitos éde 24.000 euros por vivenda, aínda que son compatibles con outras, como a liña de axudas pararehabilitación enerxética do IGVS, aberta ata o 31 de xullo e dotada de 8,5 millóns de euros. Asímesmo, os concellos con algunha ARI tamén poderán recibir axudas directas para financiar obras de urbanización en espazos públicos, condicionadas á rehabilitación de vivendas e por un máximo de2.000 euros por cada inmoble rehabilitado.
A convocatoria de 2021 para a repartición de financiamento entre todas as áreas de rehabilitación integral existentes publicarase este mes de maio por un importe global de 5,41 millóns deeuros. Deste xeito, cando saia, o Concello de Vigo xa poderá solicitar fondos para calquera das súasoito ARI.