A Xunta dá un paso máis para impulsar o Campus do Mar na ETEA coa aprobación do proxecto do ámbito promovido polo CSIC
O chamado PS-2, o terceiro que recibe o visto e prace do Consello nos últimos sete meses,ordena e detalla unha área de ao redor de 16.000 metros cadrados destinada a albergar asnovas instalacións do Instituto de Investigacións Mariñas
Entre as principais actuacións previstas co fin de acondicionar este espazo e adaptaloaos seus futuros usos cómpre subliñar o mantemento e rehabilitación de catro dos edificiosexistentes, escollidos polo seu valor patrimonial, e a demolición doutros catro de escasaentidade, para facilitar a nova ordenación prevista
O obxectivo final é implantar un proxecto estratéxico para Galicia, chamado a converterse nun referente en materia de investigación e innovación no eido mariño, aumentar o atractivo público do espazo como elemento que revitalice o barrio viguésde Teis-A Guía e garantir a integración do conxunto nos valores da contorna
En canto aos outros cinco proxectos previstos para desenvolver o Campus do Mar, un estáen trámite (PS-3), dous foron aprobados (PS-1 e PS-6), outro xa se executou (PS-5) e o quedepende do Concello de Vigo (PS-4) non iniciou o trámite ambiental
O Consello da Xunta aprobou definitivamente o Proxecto sectorial da área científico tecnolóxica 1(PS-2) do futuro Campus do Mar en Vigo. Con este acordo dáse un paso importante para seguiravanzando no impulso e desenvolvemento deste ambicioso complexo especializado en investigaciónmariña nos terreos que ocupaba a antiga Escola de Transmisións e Electricidade da Armada(ETEA).
A decisión permitirá desenvolver unha superficie de algo máis de 16.000 metros cadrados destinada a acoller as novas instalacións do Instituto de Investigacións Mariñas, dependente do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC), organismo que,precisamente, actúa como promotor deste ámbito.
Cómpre lembrar que, debido ao seu carácter estratéxico para o conxunto de Galicia, o Campus Científico-Tecnolóxico do Mar foi declarado de incidencia supramunicipal e en 2012 aprobouse o Plan sectorial de ordenación territorial deste, como instrumento encargado defixar as condicións particulares para o seu futuro desenvolvemento.
En total e ata o momento, a Xunta de Galicia xa leva executado un investimento de 7,7 millóns de euros en actuacións relacionadas cos tres ámbitos que promove directamente: o PS-1, o PS-5 e o PS-6. Nesta contía está incluído o custo do solo adquirido no seu día na ETEA, asícomo as obras rematadas xa desde 2015 na área de usos recreativos (PS-5).
Así mesmo, a previsión é que o Goberno galego invista en total ao redor de 10 millóns de euros no ámbito destinado a vías, espazos de uso libre e infraestruturas de conexión, tantointeriores como exteriores –o PS-1-, e uns 27 millóns de euros na área reservada aodesenvolvemento de usos complementarios como a futura residencia de maiores –o PS-6-.