A Xunta crea dúas novas aulas no IES O Castro de Vigo tras acometer a reforma da antiga vivenda do conserxe

A delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, visitou este venres o centro educativo no que se levou a cabo un novo investimento de preto de 50.000 euros

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitou este venres durante unha visita ao IES O Castro no que a Consellería de Educación, Ciencia, FP e Universidades levou a cabo un investimento de preto de 50.000 euros para crear dúas novas aulas na antiga vivenda do conserxe. Ademais, a represante autonómica lembrou que o Goberno galego destina máis de 21 millóns de euros á modernización e mellora dun total de 53 infraestruturas da comarca, delas 28 na cidade olívica cun importe de preto de 9 millóns.

Ortiz destacou que grazas ás obras o centro conta con dous novos espazos que amplían a súa capacidad para o alumnado. “A mellora das instalacións garante que os escolares dispoñan duns espazos confortables, seguros e accesibles a través das novas políticas educativas que estamos poñendo en marcha”, sinalou. No caso do IES O Castro, a delegada explicou que o pasado ano o centro recibiu un investimento de 09.490 euros para o cambio de luminarias.

Ademais, a delegada explicou que o Plan de nova arquitectura pedagóxica inclúe case 2.700 actuacións en toda Galicia para mellorar as instalacións de escolas, colexios, institutos, centros integrados de FP e conservatorios dependentes do Executivo autonómico. Neste momento están rematadas, en execución ou licitadas o 98 % delas, por un importe de máis de 229M€. O 2 % restante xa está comprometido, de tal forma que boa parte xa contan con proxecto encargado ou en revisión para a súa próxima execución.

Ana Ortiz tamén informou da renovación de instalacións fotovoltaicas en nove centros educativos da área viguesa, catro deles na propia cidade, cun investimento total de 243.847 euros.