A XUNTA COLABORARÁ COS AMIGOS DOS PAZOS PARA CELEBRAR O 10º ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN OFICIAL DO CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, mantivo este mércores unha xuntanza coa nova directiva do colectivo Amigos dos Pazos, representado pola súa presidenta Yashmina Mª Shawki-Aziz, e os vogais Grato Amor Moreno, Gonzalo Prado González e Beatriz López-Chaves Castro. Durante o encontro, a representante autonómica comprometeu a colaboración do Goberno galego para os actos de celebración, o vindeiro mes de maio, do décimo aniversario da declaración oficial do Camiño Portugués da Costa.
