A XUNTA CELEBRA O DÍA DA ÁRBORE COA PLANTACIÓN DE ESPECIES FRONDOSAS NO IES DE SALVATERRA
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, participaron este mércores no proxecto do Instituto de Educación Secundaria (IES) de Salvaterra para a plantación de especies frondosas con motivo do Día da Árbore. Os escolares de 2º e 3º da ESO plantaron nunha finca municipal anexa ao centro abeduis e loureiros procedentes do viveiro de San Breixo, da Xunta de Galicia, e sobreiras e érbedos, do Concello de Salvaterra, coa axuda de cuadrillas forestais.

