A XUNTA APOIA O COMERCIO DE PROXIMIDADE COA NOVA CAMPAÑA EN XULLO, SORPRESAS DO BARRIO VIGUÉS DAS TRAVESAS

A delegada territorial, Ana Ortiz, salienta a iniciativa do Centro Comercial Aberto Aetravi que se celebra entre o 1 e o 18 de xullo

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, presentou este xoves xunto a nova campaña “En xullo sorpresas” da Asociación de Comerciantes de As Travesas (Aetravi). No acto, celebrado na praza de América, a representante autonómica destacou a iniciativa e confirmou o apoio do Goberno galego ao comercio de proximidade.

Ortiz explicou que a zona comercial do barrio vigués lanza unha nova campaña con motivo da entrada do verano que busca premiar as compras no comercio local.  Así, a delegada sinalou que desde o 1 ao 18 de xullo de 2025, se realizas unha compra igual ou superior a 30 € nun dos establecementos adheridos á campaña, os clientes recibirán un sobre sorpresa.

Trátanse, segundo indicou, dun regalo cruzado. Así, o sobre pode conter un agasallo directo, como unha bolsa de algodón (ata esgotar existencias), ou un premio ofrecido por outro comercio participante, ao que o cliente deberá desprazarse para recollelo.

Esta acción enmárcase dentro das iniciativas de dinamización do comercio de proximidade e está cofinanciada pola Xunta de Galicia, a través das súas liñas de apoio aos centros comerciais abertos. A campaña reforza o vínculo entre comercio e comunidade, promovendo o consumo responsable e apostando pola economía local.