A Xunta anima á cidadanía a apoiar o comercio local a través de iniciativas como Market Vigo Centro
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, participou este mércores na presentación da segunda edición de Market Vigo Centro, unha iniciativa posta en marcha pola asociación de comerciantes nas Galerías Durán da rúa Príncipe de Vigo. A representante autonómica animou á cidadanía a consumir nos establecementos locales e participar neste tipo de actividades para revitalizar o comercio. Market Vigo Centro celebrarase entre o 7 e o 9 de marzo con máis de 30 tendas ofertando ropa, alimentación, música e accesorios para todos os gustos.


