A VICEPRESIDENTA PRIMEIRA DA DEPUTACIÓN PARTICIPA NA PRESENTACIÓN DOS EQUIPOS COMPETITIVOS DO CLUB MANIOTAS

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Marta Fernández-Tapias, acudiu no Pavillón das Travesas, en Vigo á presentación dos equipos competitivos do Club Maniotas para o ano 2024, formados por unhas 120 ximnastas. No acto, a vicepresidenta destacou que o club é “un dos que máis orgullosos nos sentimos nesta provincia, e levades o voso nome, e tamén o da provincia, á elite nacional da ximnasia rítmica”. “Sodes o presente e o futuro deste deporte –remarcou Fernández-Tapias-, un exemplo, e demostrades que con esforzo, dedicación e paixón é posible lograr todo o que nos propoñemos”.

A responsable provincial de deportes aproveitou para mostrar o seu compromiso e o da Deputación para “lograr consolidar a ximnasia rítmica como deporte que enganche aos máis pequenos. Imos apoiarvos e escoitaremos as vosas demandas, como as de todos os clubs, entidades e deportistas, para orientar o noso traballo cara as vosas necesidades”.​