A VICEPRESIDENTA PRIMEIRA DA DEPUTACIÓN PARTICIPA NA ENTREGA DOS «WILD CARDS» DO VIGO TENNIS OPEN 2023

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, asistiu esta tarde no Pazo Los Escudos de Vigo á entrega dos ‘wild cards’ do Vigo Tennis Open 2023, cuxa fase final se celebra desde mañá e ata o domingo no Complexo Deportivo Municipal de Samil.

Durante o acto, que contou coa presencia da extenista Arantxa Sánchez Vicario, a vicepresidenta sinalou que “en só 3 edicións xa se converteu nun dos eventos do tenis junior de referencia no mundo” demostrando “que en Vigo e na provincia de Pontevedra temos as mellores instalacións e persoas para organizar eventos deportivos de gran calibre”. Fernández-Tapias animou a cidadanía a gozar dos partidos e garantiu que a administración “é e será durante todo o mandato a grande aliada do deporte da provincia, seguiremos apoiándovos e escoitando as vosas demandas para orientar as nosas políticas ao que de verdade necesita o sector”.