A vicepresidenta Luisa Sánchez reúnese con responsables da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Coruxo e do Centro Veciñal e Cultural de Valadares
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, reuniuse na sede da institución provincial en Vigo con responsables da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Coruxo e do Centro Veciñal e Cultural de Valadares no marco da ronda de contactos que está a establecer con diferentes colectivos da cidade. Na xuntanza, na que a vicepresidenta provincial aproveitou para poñer en valor o traballo desenvolvido por ámbalas dúas entidades para dinamizar tanto Coruxo como Valadares, analizáronse vías de colaboración para poñer en marcha iniciativas conxuntas en beneficio da cidadanía de Vigo.