A vicepresidenta Luisa Sánchez participa na cerimonia de entrega de premios do Rallye Recalvi Rías Baixas
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este sábado na entrega de premios da 57ª edición do Rallye Recalvi Rías Baixas, que se celebrou no podio situado entre as rúas Velázquez e Colón de Vigo. A vicepresidenta asistiu ao broche final da proba, unha das máis igualadas dos últimos anos e que supón un alto na temporada do Supercampionato de España de Rallys antes do seu descanso polo verán.