A VICEPRESIDENTA LUISA SÁNCHEZ ENXALZA “O TRABALLO ÍMPROBO QUE ANEDIA REALIZA PARA MELLORAR A VIDA DAS PERSOAS” NA INAUGURACIÓN DO NOVO LOCAL DA ENTIDADE EN VIGO

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acaba de participar no acto de inauguración do novo local da Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia, Anedia, en Vigo. No acto, Sánchez, enxalzou o “tráballo ímprobo que a entidade realiza para mellorar a vida das persoas e do conxunto da sociedade” polo que reiterou o apoio do Goberno Provincial “para seguir colaborando xuntas e xuntos”.

Ademais, a vicepresidenta provincial tamén destacou a traxectoria de máis dunha década de Anedia poñendo, “como di o voso lema, luz vida e esperanza a tanta xente afectada pola diabetes”.