A vicepresidenta Luisa Sánchez destaca a importancia da plena inclusión na presentación da regata “Vigo a Vela”
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou esta mañá en Vigo no acto de presentación da terceira edición da regata inclusiva “Vigo a Vela”, que se celebrará o vindeiro domingo 27 de outubro. Sánchez aproveitou a súa intervención para destacar a importancia de iniciativas solidarias como esta “que promoven a plena inclusión das persoas con discapacidade física e intelectual no deporte”.
Durante a presentación da regata, que reunirá a unhas 15 embarcacións na ría de Vigo, a vicepresidenta provincial quixo garantir o apoio provincial a iniciativas como esta, para fomentar o deporte inclusivo. “Esta regata inclusiva une á perfección dous dos nosos obxectivos prioritarios: o deporte e a inclusión. Para nós é unha prioridade poñer esta provincia no centro da actividade deportiva, pero tamén todas as persoas teñan as mesmas oportunidades e dereitos”, remarcou.

