A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste ás actividades das Festas de Santa Ana de Beade

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este sábado ás actividades organizadas co gallo da festividade de Santa Ana de Beade, Vigo. Luisa Sánchez participou no sorteo de rifas “A vaca da sorte”, unha das actividades máis populares da súa programación, coa que a Irmandade das Festas de Santa Ana de Beade recada fondos para o financiamento das festas.