A Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia continúan en Vigo as reunións para enriquecer o Plan de usos do Teatro Cine Fraga
Representantes da institución provincial e o Goberno galego escoitan de primeira man ideas e suxestións de entidades culturais vencelladas con festivais, a edición e a literatura
A Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia reuníronse a tarde de hoxe en Vigo con diferentes representantes de entidades culturais, dentro da liña de traballo aberta para a recollida de propostas e suxestións que permitan enriquecer o Plan de usos do Teatro Cine Fraga de Vigo.
A vicepresidenta Luisa Sánchez e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, escoitaron de primeira man as ideas e iniciativas para este edificio emblemático da cidade olívica con representantes culturais vencellados coa organización de festivais, coa edición e con fundacións culturais.
As súas achegas súmanse ás que se levan recibindo desde principios de setembro nas reunións con colectivos e entidades do sector cultural de diferentes eidos que, segundo valoraron ambos os dous responsables públicos, están aportando “valiosas achegas” para enriquecer o deseño “do chamado a ser un centro cultural pioneiro e referente na Comunidade galega e no noroeste peninsular”.