A DELEGADA TERRITORIAL DA XUNTA EN VIGO ASISTE Á ENTREGA DE PREMIOS DA PRIMEIRA ETAPA DE “O GRAN CAMIÑO” ENTRE O PORRIÑO E VIGO
Marta Fernández-Tapias fixo entrega do maillot amarelo a Magnus Cort Nielsen como líder da clasificación xeral
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, entregou hoxe a Magnus Cort Nielsen o maillot amarelo como líder da clasificación xeral da proba ciclista O Gran Camiño tras o remate da primeira etapa entre O Porriño e Vigo, que atravesou varios tramos do Camiño Portugués.
A Xunta apoia esta celebración na que se promoverá a marca Galicia como destino seguro e o Xacobeo 21-22 polo seu impacto para dar a coñecer os recursos turísticos da comunidade e o Camiño de Santiago co obxectivo de atraer a turistas e peregrinos de todo o mundo neste Ano Santo. A proba atravesa as catro provincias e percorre distintos tramos do Camiño de Santiago.