A DELEGADA DA XUNTA RECIBE AOS NOVOS COMISARIOS DA POLICÍA NACIONAL EN VIGO

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, mantivo este mércores unha xuntanza cos novos comisarios da Policía Nacional na cidade. A representante autónomica recibiu ao actual comisario xefe, Ramiro José Gómez, quen acudiu acompañado por José Antonio Tendero, novo comisario xefe de Operacións; Alejandro Pedro Arnay, comisario xefe da Brigada de Policía Xudicial e Manuel Díaz-Faes Espiago, comisario xefe da Brigada de Seguridade Cidadá.