A Delegada da Xunta participa nos actos de conmemoración da Batalla de Rande

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, participou este venres nos actos de conmemoración da Batalla de Rande da que se cumplirán 302 anos o vindeiro día 23 de outubro. A representante autonómica asistiu á conferencia ofrecida polo produtor Fernando Navarrete no Centro Social Afundación, onde falou sobre “Os tesouros perdidos de Rande”. A organización celebrará o vindeiro 19 de outubro unha travesía entre Bouzas e a Ponte de Rande con medio centenar de embarcacións e 320 persoas participantes.