A DELEGADA DA XUNTA PARTICIPA NO LANZAMENTO DUNHA NOVA EDICIÓN DE VIGO PORTÉ
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou este xoves no lanzamento dunha nova edición do festival internacional de danza Vigo Porté que se celebrará o vindeiro mes de abril. A representante autonómica destacou durante o acto que Vigo Porté xa é un “referente no panorama nacional e internacional da danza” e sinalou que para o Goberno galego “é unha honra seguir apoiando este certame co firme propósito de impulsar ás novas xeracións de talentos”.