A DELEGADA DA XUNTA INFORMA AOS HOSTALEIROS DA PROVINCIA SOBRE O NOVO CENTRO DE ASOCIACIONISMO DE VIGO
Ana Ortiz mantivo unha xuntanza este mércores coa directiva da Federación Provincial de Empresarios de Hostalería de Pontevedra
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, mantivo este mércores unha reunión coa directiva da Federación Provincial de Empresarios de Hostalería de Pontevedra. Na xuntanza a representante autonómica informou aos representantes dos hostaleiros de Vigo e a provincia dos avances do novo Centro de Asociacionismo de Vigo que se construirá no vello edificios dos xulgados da rúa Lalín.