A DELEGADA DA XUNTA CLAUSURA A SEGUNDA EDICIÓN DE GASTRO MOVIDA SUMMIT
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, participou este martes na clausura e entrega de premios de Gastro Movida Summit 2023 que se celebrou durante os últimos tres días e que converteu á cidade en capital da gastronomía. O Tinglado do Porto de Vigo acolleu o acto de despedida desta nova edición do evento.