A Delegada da Xunta asiste aos actos da festividade de San Xoán de Deus no Fogar e Clínica San Rafael

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, acudiu este sábado, xunto á directora xeral de Persoas con Discapacidade e a xefa territorial de Política Social, Ángeles M. Rouco, aos actos festivos de San Xoán de Deus no Fogar e Clínica San Rafael da cidade. Máis dun cento de persoas participaron na xornada que contou coa exhibición dos Bombeiros de Vigo, que comparte patrón coa orde, e a actuación do coro do centro.