A DELEGADA DA XUNTA ANALIZA A SITUACIÓN DO SECTOR DE AUTOPATRONOS COA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN DO TAXI DE VIGO
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, mantivo este xoves unha xuntanza de traballo coa directiva da Asociación de Autopatronos do Taxi de Vigo e a Cooperativa de Autotaxi e Radio Taxi.
A responsable autonómica analizou a situación actual do sector de autopatronos con Emilio Mosquera e Cristian Pérez, presidente e secretario do colectivo, así como a constitución dunha nova federación galega