Luisa Sánchez anima ao alumnado participante en Faro da Escola a seguir preguntando e contando historias
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este xoves na entrega dos Premios Faro da Escola, unha iniciativa impulsada por Faro de Vigo que achega o xornalismo ás aulas e fomenta o compromiso coa información entre a mocidade. Durante a súa intervención, felicitou ao alumnado polo traballo desenvolvido e animouno a seguir observando, investigando, preguntando e contando historias que contribúan a comprender a realidade. Luisa Sánchez subliñou que a experiencia permitiu a rapaces e rapazas pasar de ser meros lectores a converterse en protagonistas da información. A vicepresidenta agradeceu tamén a implicación do profesorado e do equipo de Faro de Vigo por manter unha iniciativa que achega o xornalismo ao ámbito educativo.



