ANA ORTIZ PARTICIPA NA INAUGURACIÓN DO FESTIVAL CINVIGO 2026
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, asistiu este sábado á apertura do Festival Científico CinVigo, organizado polo Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo (Cinbio), unha iniciativa que busca converter a zona do Náutico nun verdadeiro laboratorio científico grazas aos proxectos dos centros educativos que formarán parte da feira, aos obradoiros infantís e para maiores de 65, espectáculos científicos e xincana inclusiva.


