A XUNTA ACHEGA PRETO DE 700.000€ AO EMPRENDEMENTO FEMININO NA ÁREA DE VIGO A TRAVÉS DO PROGRAMA EMEGA
A delegada territorial, Ana Ortiz, visitou a libraría “Mi rincón favortio”, unha das 50 empresas da comarca viguesa que se beneficiaron da convocatoria de Igualdade
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, apostou este venres por seguir fomentando o emprendemento feminino como unha das fórmulas para acadar unha sociedade máis igualitaria. A representante autonómica visitou xunto a directora territorial de Política Social, Ángeles Rouco, a librería e ludoteca “Mi rincón favorito”, en Vigo, que recibiu unha achega a través do programa Emega.
Segundo explicou a delegada territorial, no conxunto da área viguesa un total de 51 proxectos empresariais impulsados por mulleres recibiron axudas por un importe total de 695.000 euros. O obxectivo do programa Emega da Consellería de Política Social e Igualdade é favorecer a reactivación e consolidación do emprendemento feminino ou a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade.
