ANA ORTIZ PARTICIPA NA ENTREGA DE PREMIOS DA CAMPAÑA “NAMORADOS” DA ASOCIACIÓN AETRAVI
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, participou este martes na entrega dos premios da campaña “Namorados” para dinamizar o comercio de proximidade, apoiada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e organizada pola asociación de comerciantes de As Travesas (Aetravi) co obxectivo de fomentar o comercio local.
