ORTIZ DESTACA O ÉXITO DA NOVA CONVOCATORIA DO BONO ACTIVA COMERCIO DA XUNTA DE GALICIA ESGOTADO NOS DOUS PRIMEIROS DÍAS
A delegada da Xunta cualificou a nova campaña como un “éxito rotundo” durante a súa visita a tres dos establecementos integrados na iniciativa
Vigo foi a cidade galega con más negocios ahderidos, con 610, na nova campaña que pretende mobilizar 8 millóns de euros
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, salientou este venres o “rotundo éxito” dos bonos Activa Comercio 2025 que está xa esgotado tan só dous días despois de poñerse en marcha esta nova edición da campaña da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración dotada cun total de 2,5 millóns de euros. O importe súmase aos 2,5 millóns de euros destinados á anterior de xuño, sumando un total de 5 M€.
A representante autonómica sinalou que a previsión é volver a mobilizar 8 millóns de euros no comercio de proximidade. “Fomentamos o comercio local, o máis cercano a todos nós, e colaboramos coa cidadanía no consumo minorista, estamos de novo ante unha iniciativa que obtivo un respaldo importantísimo por parte do sector”, apuntou Ortiz.
A delegada visitou na rúa López Mora (Diagonal Moda e Bigboy) e na rúa González Sierra (Vigo Joya) tres dos 610 establecementos da cidade que se adheriron ao programa, a localidade galega con máis comercios integrados na campaña (7.235 en toda Galicia). A delegada anunciou que nos orzamentos de 2026 vólvense a destinar outros 5 millóns de euros para consolidar esta acción dinamizadora do comercio local.
Ortiz explicou que os establecementos non tiveron que inscribirse de novo para participar na iniciativa, senón que segue vixente a adhesión da anterior edición do mes de xuño, co obxecto de gañar en axilidade en beneficio tanto dos comerciantes como das persoas consumidoras. O programa dos bonos Activa Comercio ten como finalidade impulsar as compras apoiando con descontos ás persoas consumidoras para promover o consumo nos comercios minoristas que participan na campaña.

