A XUNTA LEVA A CABO MELLORAS NA RÚA CANIDO, EN VIGO, PARA FACILITAR A MOBILIDADE PEONIL
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitou este luns os traballos que a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), dependente da Consellería de Vivenda e Infraestruturas, leva a cabo na rúa Canido (PO-324) para mellorar a mobilidade peonil. Durante a visita, a representante autonómica destacou que as obras marchan a bo ritmo e teñen como obxectivo dotar a rúa de novos pasos de peóns. Hai un meses xa levou a cabo a ampliación das beirarrúas da marxe esquerda da estrada, no tramo situado entre o cruce da rúa da Carrasqueira e a baixada á praia da Calzoa, onde existe unha parada de transporte urbano.
