A XUNTA CONCEDE UNHA SUBVENCIÓN AO PAZO DE CEA PARA O EMBELECEMENTO DO ESTABLECEMENTO TURÍSTICO

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou este luns o Pazo de Cea tras a concesión dunha axuda de 31.000 euros para actuacións de embelecemento. Segundo explicou a representante autonómica, o obxectivo desta subvención é apoiar actuacións que contribúan a coidar a imaxe, corrixir impactos paisaxísticos e impulsar un turismo máis sostible.