ANA ORTIZ ASISTE AOS ACTOS DE RECEPCIÓN NO PORTO DE VIGO DO BUQUE ESCOLA DO PERÚ “B.A.P. UNIÓN
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, asistiu este domingo xunto ao presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, aos actos de recepción do buque escola do Perú, o “B.A.P. Unión”, que chegou ao peirao de Transatlánticos a primeira hora do día. O buque, procedente de Irlanda, chega a Vigo como porto escala da súa Viaxe de Instrución ao Estranxeiro (VIEX 2025) que iniciou o pasado mes de maio na Base Naval do Callao e que o leva por un total de 10 portos de 9 países de todo o mundo. Na viaxe toman parte uns 155 tripulantes e 77 cadetes da Escola Naval do Perú, navegando durante uns 178 días e estimando que percorrerán unhas 16.400 millas náuticas.



