ANA ORTIZ PARTICIPA NA APERTURA DO CURSO ESCOLAR NO IES O CASTRO DE VIGO
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou este luns xunto ao director territorial de Educación, César Pérez Ares, no acto de apertura do curso escolar no IES O Castro da cidade olívica. A representante autonómica destacou que os centros escolares galegos contarán con 31.756 profesores, 153 máis respecto ao anterior e a cifra máis alta do ensino autonómico. Desta forma, son máis de 1.100 profesores os que se incorporan fronte á baixada do alumnado, que no caso de Vigo conta con 500 plazas de Primaria se cubrir.

