A EMBLEMÁTICA REGATA LE FIGARO CHEGARÁ A VIGO CO APOIO DA XUNTA DE GALICIA
A delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, participou este mércores na presetanción da proba que arribará ao porto vigués entre o 18 e o 21 de setembro
“Apoiamos este proxecto para conseguir o ambicioso obxectivo de afianzar o liderazgo de Vigo e Galicia como foco de atención mundial da vela”, sinalou
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, destacou este mércores o apoio do Goberno galego á emblemática regata Le Figaro para a súa chegada este mes de setembro ao porto vigués. No acto de presentación celebrado na Autoridad Portuaria, a representante autonómica sinalou que a cidade converterase “durante uns días no epicentro da navegación en solitario”.
“Apoiamos este proxecto para conseguir o ambicioso obxectivo de afianzar o liderado de Vigo e Galicia como foco de atención mundial da vela. Eventos como esta competición contribúen de forma decisiva e sen dúbida a potenciar Vigo no lugar que se merece, reivindicando o seu papel central no deporte”, apuntou durante a rolda de prensa na que tamén estiveron presentes a vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez; o presidente da Autoridade Portuaria, Carlos Botana, e o presidente da Fundación Traslatio, Mario Cardama.
Ortiz engadiu que “Vigo será clave na celebración da emblemática regata” Solitaire du Figaro Paprec, unha proba en solitario de 1.850 millas náuticas que celebra a súa 56ª edición entre Rouen, na Bretaña francesa, e Saint-Vaast-A-Hougue, en Normandía, con parada intermedia tamén no porto de Roscoff.

