ANA ORTIZ ASISTE Á PRIMEIRA XORNADA DE GALICIA FEST
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, asistiu este venres á primera xornada do Galicia Fest 2025 que se celebra hoxe e mañá, 29 e 30 de agosto, no peirao de Trasatlánticos do Porto de Vigo co patrocinio do Goberno galego, no marco dos Concertos do Xacobeo, e a Deputación de Pontevedra. O cartel do Galicia Fest reúne artistas de renome cunha traxectoria consolidada en festivais e xiras por todo o país, como Mikel Izal, Dani Fernández, Leire Martínez —na súa primeira xira en solitario tras a súa etapa en La Oreja de Van Gogh—, Sexy Zebras, La Habitación Roja, Dorian, Fredi Leis, Maldita Nerea, Beret —quen ofrecerá a súa única data en Galicia en 2025—, ademais de Marlon, Éxtasis, Samuraï, Hey Kid, Noan, Paula Koops e ata 12 dj’s que serán os encargados de darlle ritmo aos intercambios entre concerto e concerto, entre eles, Arroww, Haze, Adrián Gold ou Eme DJ.
