ANA ORTIZ DESTACA A FESTA DOS OVOS CON CHOURIZO DA CARRASCA COMO COLOFÓN Á SEMANA CULTURAL NIGRANESA
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, asistiu este venres á XII Festa dos Ovos con Chourizo que organizou o Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca, na parroquia nigranesa de Parada, como colofón á XXX Semana Cultural. A gran cita gastronómica do municipio de Nigrán contou cunha trintena de persoas da entidade traballando para ofrecer 1.500 racións na praza de A Carrasca.

