A XUNTA ENVÍA AO CONCELLO DE VIGO AS DOCE BANDEIRAS AZUIS CONCEDIDAS ÁS PRAIAS
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, remitiu este xoves ao Concello de Vigo as doce bandeiras azuis coas que foron galardoadas este ano as praias do municipio. A Xunta está a completar así a distribución aos municipios que non recolleron as bandeiras no acto central celebrado en Ponteceso a principios de xuño.
