ANA ORTIZ ASISTE ÁS ACTIVIDADES DE FIN DE CURSO DO CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DO CALVARIO
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, asistiu este xoves ás actividades de fin de curso organizadas polo Centro Sociocomunitario do Calvario, un dos nove centros que o Goberno galego xestiona na área viguesa.
O programa de actividades converten estas instalacións no epicentro de ocio do barrio vigués e inclúen obradoiros temáticos, charlas, clases de ximnasia, ioga, tai chi e pilates, de informática, manualidades, pintura, teatro, poesía ou baile.
A representante autonómica destacou que os nove centros dos que a Xunta dispón en Vigo (Rivera Atienza, Bouzas, Coia, Pi y Margall, Teis e O Calvario), Redondela, Baiona e O Porriño mobilizan anualmente a máis de 13.000 usuarios con preto de 400 actividades.


