A Xunta colabora coa iniciativa solidaria Gladiator Family en favor da Asociación Española Contra o Cancro
A delegada territorial, Ana Ortiz, e o director xeral de Asistencia Sanitaria, Alfredo Silva, participaron na presentación da proba que acollerá o Porto de Vigo
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e o director xeral de Asistencia Sanitaria, Alfredo Silva, participaron este mércores na presentación da proba solidaria Gladiator Family que acollerá o Porto de Vigo o vindeiro 5 de abril. Esta primera edición do evento, organizado pola empresa Nokau coa colaboración do Goberno galego, recadará fondos a beneficio da Asociación Española contra o Cancro.
A competición celebrarase no Porto de Vigo o sábado 5 de abril (16:30 horas) e consistirá nunha proba de obstáculos orientada a nenos e nenas de 3 a 12 anos acompañados dun adulto. A carreira, con quendas de saída cada 5 minutos, é unha proba familiar onde o obxectivo é superar obstáculos. Todos os nenos e nenas recibirán unha camiseta coa inscrición e unha medalla ao terminar.
A iniciativa, que conta co patrocinio da Xunta de Galicia e Banco Mediolanum, é 100% benéfica e os fondos irán á Asociación Española Contra o Cancro. A representante autonómica destacou o gran labor realizado polo colectivo desde hai máis de 70 anos en toda España. “A fórmula elixida non podía ser máis idónea, posto que combina deporte e familia cun carácter estrictamente solidario a favor da Asociación contra o Cancro, porque sodes un exemplo de traballo para mellorar a calidade de vida das personas con esta terrible enfermidade e das súas familias”, sinalou.
Pola súa banda, Ana García, presidenta provincial da Asociación Española contra o Cancro, agradeceu a iniciativa á organización e a ilusión depositada nesta cita por parte de patrocinadores e colaboradores. “Á Xunta de Galicia, Banco e Fundación Mediolanum, Porto de Vigo, Concello de Vigo, Nokao… moitísimas grazas a todos porque sen vós nada disto fose posible”, apuntou.
O organización sinalou que as prazas xa se completaron, o que supón “unha grata sorpresa” cando faltaban varios días para pechar o prazo. “Isto foi un éxito de convocatoria desta proba familiar, moi divertida onde o obxectivo é superar todos os obstáculos que se atoparán polo circuíto”, indicaron os organizadores.
