A Xunta presenta o proxecto do IES Domingo Villar de Navia aos directores dos centros educativos de Vigo
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, mantiveron este martes unha xuntanza cos directores dos centros educativos de Primaria e Secundaria da cidade para presentarlles o proxecto do IES Domingo Villar que a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP comezará a construír no barrio vigués de Navia en 2025.

