A Delegada da Xunta participa nos actos do Día da Policía

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, participou este xoves nos actos celebrados polo Día da Policía no Centro Social Afundación. Durante a cerimonia tivo lugar a imposición de condecoracións e tamén a entrega de placas a diferentes persoas homenaxeadas.